ERIMSA RECIBE DOUS NOVOS PREMIOS EUROPEOS NO ÁMBITO DAS BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS E A SEGURIDADE EN SENDOS PROXECTOS MINEIROS DE GALICIA

ERIMSA RECIBE DOUS NOVOS PREMIOS EUROPEOS NO ÁMBITO DAS BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS E A SEGURIDADE EN SENDOS PROXECTOS MINEIROS DE GALICIA

        A Asociación Europea de Áridos –  UEPG  outorgoulle en Bruxelas dous 1º s Premios:

         -  Categoría  Medio Ambiente: zona de traballo restaurada na comarca de Ordes
         -  Saúde e Seguridade Laboral: centro de produción de Castelo (Pontevedra)
 
Erimsa logra de novo o respaldo aos seus proxectos en Galicia nos Premios Europeos de Desenvolvemento Sustentable da  UEPG, que foron entregados en Bruxelas. A compañía recibiu senllos 1º s Premios en dúas categorías e áreas de traballo diferentes: boas prácticas ambientais na comarca de Ordes e saúde e seguridade laboral en Castelo (provincia de Pontevedra).

As dúas candidaturas formaban parte dun total de 53 correspondentes a compañías de 13 países. O obxectivo destes premios convocados pola Asociación Europea de Áridos –  UEPG é mostrar e recoñecer publicamente o compromiso deste sector industrial co desenvolvemento sustentable e os altos estándares de excelencia que se perseguen para a preservación da contorna natural, implementando boas prácticas ambientais, a seguridade e saúde na contorna laboral, o compromiso social, a contribución económica, a comunicación e a biodiversidade. En ambos os casos, a empresa levou os máximos galardóns.

Foi a propia Federación Española de Áridos, que previamente premiara a  Erimsa por estes dous proxectos, a que presentou as candidaturas en Bruxelas. A FDA é a máis representativa do sector xa que aglutina a preto de 700 compañías nacionais e internacionais e a 1.100 explotacións de áridos en España

Ambos os galardóns supoñen un importante respaldo á minería moderna e sustentable que pon en práctica a compañía, na que destaca o método de  cribado de terreo que se aplica na comarca de Ordes desde fai máis de trinta anos sen ningún tipo de incidencia. Este sistema permite compaxinar o labor da empresa coas actividades económicas tradicionais da zona: agrícola, gandeira e forestal.

O  labor de  Erimsa execútase en paralelo á restauración dos terreos. O primeiro paso é a roza da vexetación, escavación, e simultaneamente, provisión temporal desta materia.  A continuación, a extracción e o  cribado do cuarzo. Finalmente, énchese o oco de explotación, esténdese a terra vexetal e recupérase o uso habitual.  A empresa renuncia expresamente ao seu dereito de expropiación e sempre traballa en réxime de aluguer pactando previamente as condicións económicas cos propietarios.

Erimsa conta con catro centros de produción en Galicia e Castela e León, onde traballa coa filosofía de Accidentes 0. Unha premisa que lle levou a obter o 1º Premio na categoría de saúde e seguridade laboral por unha medida implementada en Castelo (provincia de Pontevedra).  Esta acción tiña como obxectivo erradicar a emisión de po de  sílice en beneficio do equipo humano. Un fin que conseguiu e  que foi merecedor o recoñecemento en Bruxelas.

A compañía executa todas as súas operacións coa meta de minimizar o seu impacto no  medioambiente e proporcionar a máxima seguridade e saúde na contorna laboral. Para iso, conta cun protocolo de actuación interno, no que están fixados exhaustivos procedementos, que son  auditados  externamente, asegurando o cumprimento tanto da lexislación vixente como da política preventiva en aras de lograr o seu obxectivo de Accidentes 0.

 

Noticia no xornal EL CORREO GALLEGO

SOBRE ARIGAL

La Asociación Galega de Áridos (Arigal) es una organización empresarial gallega integrada por más de 77 empresas que desarrollan su actividad en las distintas áreas del sector de los áridos: industria, fabricación, tratamiento y distribución. En total, las firmas asociadas operan en 75 centros de actividad y generan alrededor de 3.600 puestos de trabajo, entre empleos directos e indirectos. En el ejercicio de 2015 los asociados de Arigal sumaron una cifra de negocio conjunta de 37,5 millones de euros.