Arigal celebra o 20 de abril a súa Asamblea Xeral

Arigal celebra o 20 de abril a súa Asamblea Xeral

O próximo 20 de abril de 2018, a Asociación Galega de Áridos (ARIGAL), celebrará a súa Asamblea Xeral, na que presentará un resumo das principais actividades desenvolvidas o 2017 e as liñas de traballo para o exercicio 2018.

O séu presidente, José Lista Tasende, nunha comunicación remitida a todos os asociados, adheridos e invitados, invitaos a asistir o encontro anual eno que se abordarán os retos e oportunidades que o sector dos áridos en Galicia afronta nos vindeiros anos e cales son as propostas da Asociación para llevalos a cabo.

O acto celebrarase no auditorio do edificio Zinc da Cidade da Cultura de Galicia, no Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, ás 10:30 h en primeira convocatoria e as 11:00 h en segunda.

Será a partir das 12.15 h, cando se servirá un café de benvida, trala celebración dos actos formais da Asamblea Xeral.


O cierre do acto, e a partir das 14.15 h, no salón de Convencións do mesmoo edificio, terá lugar un almorzo de traballo no que se prevé a asistencia das autoridades políticas invitadas.

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 60 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 70 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal