BRILLANTE CEREMONIA DE ENTREGA DOS X PREMIOS FDA DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE EN CANTEIRAS E GRAVERAS 2018

BRILLANTE CEREMONIA DE ENTREGA DOS X PREMIOS FDA DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE EN CANTEIRAS E GRAVERAS 2018

A ceremonia de entrega dos X Premios FDA de Desenvolvemento Sustentable en Canteiras e  Graveras 2018, aos que se presentaron 20 candidaturas, tivo lugar en clausúraa do Congreso, tras a lectura das conclusións. Estes premios concédense desde 1997 e, nas X edicións celebradas ata a data, 112 explotacións resultaron premiadas, incluíndo as 20 desta edición.

Carlos Martínez Torres, director da Asociación  Galega de Áridos exerceu de presentador da cerimonia na que participaron Alberto Núñez Feijoo, presidente @de la Xunta de Galicia, María  Belarmina Díaz Augado, presidenta do Xurado e directora xeral de  Minería e Enerxía do Principado de Asturias e José Lista Tasende, presidente da Federación de Áridos.

Igual que nas restantes edicións, contouse cun xurado independente, presidido pola directora Xeral de  Minería e Enerxía do Principado de Asturias, aquí presente, por unha representante do  MITECO, polo Secretario Xeral de CCOO Construción e Servizos, por dous catedráticos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas e Enerxía de Madrid, por un representante dunha ONG ambiental, e un vogal do Comité de Imaxe e Comunicación de  ANEFA que, na súa reunión celebrada o 26 de abril en Madrid, valoraron rigorosamente os proxectos presentados.

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 73 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2022 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 46,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal