PRÓXIMA INSPECCIÓN OBLIGATORIA DE VOLQUETES

PRÓXIMA INSPECCIÓN OBLIGATORIA DE VOLQUETES

Tras a publicación en 2017 das Especificacións Técnicas de Inspección de volquetes de bastidor ríxido e bastidor articulado sobre rodas (ET nº 2011-01-17 e ET nº 2012-01-17, respectivamente), vanse cumprindo os prazos dados para a inspección dos equipos.
 
Ditas especificacións terán efecto a partir dos seis meses da súa publicación, é dicir desde o 29 de marzo de 2018, e todas as máquinas que se atopen en servizo cando se inicie a eficacia da correspondente especificación, dispoñerá dos seguintes prazos para realizar a primeira inspección técnica establecida:
  • Un ano para as máquinas cunha antigüidade de dez anos ou máis anos (29 de marzo de 2019).
  • Dous anos para as máquinas cunha antigüidade inferior a dez anos (29 de marzo de 2020).

Os camións volquete de bastidor ríxido e articulado sobre rodas deseñados expresamente para o seu uso en vías públicas e mini volquetes ríxidos e articulados, quedan excluídos do ámbito de ambas as Especificacións Técnicas. Soamente poderán realizar as mencionadas inspeccións unha Entidade colaboradora da administración no ámbito do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, ( ECA mineira), acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación – ENAC – e autorizada pola correspondente Dirección Xeral de Minas para actuar en todo o territorio nacional.

Esta é a información relativa aos puntos principais de inspección, tanto de volquetes, como de pás, recomendando que vaiades programando ditas inspeccións, para evitar atrasos a medida que se achegue a data.

Desde as nosas empresas adheridas, expoñenos a posibilidade de agrupar as inspeccións de maquinaria por data e localización xeográfica, para reducir dunha forma importante os custos das mesmas. Por iso, sen ningún tipo de compromiso, podeis contactar con eles o máis axiña posible, para poder ir planificando a campaña de inspeccións, e así poder optimizar ao máximo os custos das mesmas. As persoas de contacto son:

 


Empresa: ITVMIM
Persona de contacto: Gerardo Rodriguez
630 632 054     Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

  

Empresa: SIMECAL
Persona de contacto: Angel Hermosa
687 817 317     Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.   

 

MÁIS INFORMACIÓN DE INTERÉS (descarga resumen)

 

Nestes enlaces pódense descargar as Especificacións Técnicas de Inspección de volquetes de bastidor ríxido e bastidor articulado sobre rodas

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 60 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 70 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal