ARIGAL DOA 525 ÁRBORES PARA REFORESTACIÓN EN PONTEAREAS

ARIGAL DOA 525 ÁRBORES PARA REFORESTACIÓN EN PONTEAREAS

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) completou esta mañá a doazón de 525 árbores de especies frondosas á Asociación Forestal Galega ( AFG).

Trátase dunha achega da organización do V Congreso Nacional de Áridos, celebrado en Santiago en outubro pasado. Naquela cita comprometeuse unha doazón para a recuperación de zonas afectadas por incendios, que a AFG destinou a repoboar un monte da localidade de Chan do Millo, en Ponteareas (Pontevedra) con carballos, castiñeiros e bidueiros autóctonos nunha superficie de case unha hectárea. A zona foi afectada moi gravemente polos incendios de outubro de 2017.

Ao acto desta mañá asistiron representantes de Arigal, da AFG, da Consellería do Medio Rural e da Cámara Mineira Oficial de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro do compromiso de responsabilidade social do sector dos áridos e da minería de Galicia coa protección do medioambiente e a biodiversidade.

 

 

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 80 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal