Arigal presenta o documental ‘Que sabes dos áridos?’ en varios concellos de Galicia

Arigal presenta o documental ‘Que sabes dos áridos?’ en varios concellos de Galicia

  •  Melide será o primeiro concello con actividade mineira que proxectará este documental, o vindeiro 17 de outubro 2019.
  •  Seguiranlle A Laracha, Meis e Baralla.

Arigal presenta o seu documental Que sabes dos áridos? en colaboración cos concellos de Melide, Laracha, Meis e Baralla. A proxección acompañarase dun coloquio posterior no que que se tratará o futuro da industria e a súa integración na contorna rural galega.

O obxectivo da reportaxe é mostrar a realidade do sector mineiro, que proporciona á sociedade o segundo recurso máis consumido a nivel mundial só por detrás da auga, e que supón a fixación de emprego e o desenvolvemento en zonas rurais de Galicia.

Tras un ano de investigación para valorar o coñecemento que ten a sociedade galega sobre os áridos, Arigal realizou entrevistas a persoas alleas do sector e a axentes sociais coñecedoras da actividade para gravar este documental en 2018, e así afondar nesta industria e o seu papel na sociedade.

O primeiro concello que acollerá esta xornada será o de Melide, o vindeiro 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Sala de conferencias do Edificio Multiusos. Tras a proxección do documental, terá lugar un coloquio para tratar a realidade desta industria e a súa integración na zona. Á proxección e posterior coloquio asistirán o alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e representantes da Asociación de Troiteiros Rio Furelos e da Asociación cultural veciñal Melidá.

O documental tamén se presentará nos concellos de A Laracha, Meis e Baralla nas próximas semanas.  

 

 

 

 

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 80 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal