Accións de Internacionalización dos Áridos de Galicia.Proxecto cofinanciado por Igape, Xunta de Galicia e fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa Operativo 2014-2020

Acceso memoria Proxecto.
Entrar

ACCIÓNS DE INTERNACIONALIZACIÓN DOS ÁRIDOS DE GALICIA. PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

Acceso a memoria do Proxecto.
Entrar

ATRAZEX

Solución para a xestión da trazabilidade dos explosivos
Máis información

ARIGAL 360º

Acceso ó Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia
Entrar

Publicacións

Accede e descarga as nosas newsletters, memorias, folletos, etc.
Máis información

20 ANOS DEFENDENDO AO SECTOR DOS ÁRIDOS

Arigal constituiuse en 1999 para defender os intereses xerais das empresas galegas adicadas á extracción, transformación industrial e comercialización de áridos. Na actualidade, conta con 50 empresas asociadas e 30 adheridas -procedentes de sectores auxiliares-, que xeran en conxunto 3.600 postos de traballo e alcanzan cifras de negocio superiores aos 37 millóns de euros anuais.

Estas magnitudes, xunto co esforzo realizado para modernizarse e ser máis competitiva, converteron á industria dos áridos nun sector estratéxico para a economía de Galicia. A innovación nos procesos industriais, a formación dos profesionais do sector, a mellora da saúde e seguridade laboral e a responsabilidade co medio ambiente son algúns dos principais retos que afrontan os asociados de Arigal neste primeiro cuarto de século.

1
0

Cifra de empresas que integran Arigal, entre asociadas e adheridas

2
0M€

Cifra de negocio global (en millóns de euros) das empresas asociadas no exercicio de 2016

Servizos para os nosos asociados

Representatividade

Arigal integra ao 93% das empresas do sector dos áridos en Galicia e por iso é unha voz recoñecida e autorizada para falar en representación do conxunto desta industria

Formación

O Plan de Formación de Arigal é específico para profesionais do sector dos áridos e beneficia cada ano a centos de traballadores e directivos das empresas asociadas

Información

As empresas pertencentes a Arigal están puntualmente informadas sobre as novas de actualidade que lles afectan e tamén sobre as disposicións e normas publicadas nos diferentes boletíns oficiais

Promoción

No marco das relacións públicas e institucionais, Arigal ocúpase de dar a coñecer os obxectivos e logros do propio colectivo e tamén das firmas asociadas

Xestión

Entre os cometidos da asociación figura a xestión de subvencións e achegas públicas que permitan desenvolver proxectos de interese para os asociados en áreas como o medio ambiente, a seguridade mineira, a formación, etc.

Asesoría

Arigal proporciona aos asociados asesoramento especializado, técnico, xurídico, fiscal, etc.

Innovación

Arigal lidera diversos proxectos de innovación orientados a modernizar o funcionamento das empresas asociadas para facelas máis eficaces e competitivas. Entre todos eles destaca Atrazex

Comunicación

Arigal conta cunha consultoría externa para xestionar a relación cos medios, a edición de publicacións, aspectos da comunicación interna, etc.

Coñece a nosa aplicación ATRAZEX

Unha solución tecnolóxica promovida por Arigal para reforzar o control e a seguridade na xestión dos explosivos

Esta ferramenta tecnolóxica permite cumprir toda a normativa, unha xestión eficiente dos explosivos e o control en tempo real dos stocks
A exitosa aplicación promovida por Arigal copa as explotacións galegas e segue a extenderse no resto de España
Caso de éxito
En menos de dous anos, esta aplicación tecnolóxica impulsada por Arigal pasou de ser unha demanda dos profesionais da minaría a converterse nun referente de innovación dentro do sector dos áridos a nivel nacional (emprégana xa máis de 300 canteiras de 13 comunidades autónomas).

Unha alternativa propia en resposta á insuficiente oferta de sistemas de xestións existentes no mercado

A comezos de 2014, as canteiras atopáronse co problema de ter que controlar a trazabilidade dos explosivos sen que o mercado proporcionase ningún sistema de xestión suficientemente eficaz e cun prezo asequible

Implementación en canteiras piloto de Galicia e Cataluña desde marzo de 2015

A aplicación tecnolóxica promovida por Arigal desenvolveuse nun prazo récord e comezou a ser implantada no primeiro trimestre de 2015 tras diversas probas de campo e xornadas formativas

Unha solución utilizada por máis de 300 canteiras de 13 comunidades autónomas

Na actualidade, Atrazex é unha aplicación totalmente consolidada no sector dos áridos en Galicia e segue a extenderse no resto de España, onde alcanza xa as 300 empresas usuarias 

NOVAS RECENTES

ARIGAL DOA 525 ÁRBORES PARA REFORESTACIÓN EN PONTEAREAS

ARIGAL DOA 525 ÁRBORES PARA REFORESTACIÓN EN PONTEAREAS

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) completou esta mañá a doazón de 525 árbores de especies frondosas á Asociación Forestal Galega ( AFG)...

NACE A PLATAFORMA

NACE A PLATAFORMA "MINERÍA SOSTIBLE DE GALICIA"

O evento acolleu a máis de cen persoas pertencentes a empresas mineiras, administración pública e profesionais das actividades extractivas,...

PRÓXIMA INSPECCIÓN OBLIGATORIA DE VOLQUETES

PRÓXIMA INSPECCIÓN OBLIGATORIA DE VOLQUETES

Tras a publicación en 2017 das Especificacións Técnicas de Inspección de volquetes de bastidor ríxido e bastidor articulado sobre rodas (ET...

ACTO DE PRESENTACIÓN DA MINARÍA SOSTIBLE DE GALICIA

ACTO DE PRESENTACIÓN DA MINARÍA SOSTIBLE DE GALICIA

La COMG presenta la marca “Minería Sostible de Galicia”, la marca que agrupa todas las acciones e iniciativas de promoción e divulgación do...

ARIGAL ABORDA NO CÓMIC INFANTIL “LAGARTIÑO E O FUTURO DA CANTEIRA” ILUSTRADO POR MANEL CRÁNEO A RECUPERACIÓN AMBIENTAL DESTES ESPAZOS NATURAIS

ARIGAL ABORDA NO CÓMIC INFANTIL “LAGARTIÑO E O FUTURO DA CANTEIRA” ILUSTRADO POR MANE...

- O ilustrador galego Manel Cráneo é o autor do deseños que teñen como protagonistas a dous habitantes destes ecosistemas, o camión dumper...

O QUE DIN DE ARIGAL

Esta é unha pequena escolma de opinións sobre Arigal manifestadas por diferentes representantes públicos e/ou profesionais relacionados co labor e as actividades da asociación:
Como organización sectorial, Arigal comeza a ser un referente para as empresas na utilización do galego nas súas distintas ferramentas de comunicación, que é un dos obxectivos que perseguimos co Plan de Dinamización da Lingua Galega no Tecido Económico 2015-2020
Valentín GarcíaValentín García Secretario xeral de Política Lingüística

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 60 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 70 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.

 

Boletín informativo

Súmate aos centos de persoas que reciben o noso boletín informativo Arigal Novas enviándonos un correo electrónico coa túa solicitude ao seguinte enderezo: info@arigal.gal