Novas

O V Congreso Nacional de Áridos pretende impulsar a mellora continua do sector e potenciar o seu Compromiso coa Sociedade

Mércores, 31 Xaneiro 2018 12:57

•    O Congreso celebraráse do 24 ao 26 de outubro, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.


A Federación de Áridos (FDA), que representa os intereses das empresas produtoras de áridos de España, tanto no ámbito nacional, como no internacional e da que  ARIGAL,  ANEFA, o  Gremi d’*Àrids de Catalunya e  ARIVAL son membros, organiza, co apoio da Xunta de Galicia, o V Congreso Nacional de Áridos.


O Congreso, que se celebrará no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, entre os días 24 e 26 de outubro de 2018, foi presentado hoxe aos medios de comunicación, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Parador de Santiago de Compostela.


O presidente do Comité Organizador, da Federación de Áridos e de  ARIGAL, José Lista Tasende, valorou este encontro, que se celebra cada tres anos, como un foro indispensable para o diálogo e a análise dos problemas do sector, coa participación activa da Administración. O lema do Congreso “Comprometidos coa Sociedade” define ben ás claras a aposta deste sector extractivo por potenciar todos os aspectos económicos, sociais e ambientais que crean valor engadido para os cidadáns. O director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel  Bernardo  Tahoces, ademais de destacar o compromiso da Xunta de Galicia co sector e co Congreso – que será unha ocasión excepcional para impulsar a súa mellora continua –, resaltou a importancia da industria extractiva dos áridos como elemento crave para o desenvolvemento local, integrando adecuadamente, os principios do desenvolvemento sustentable.


Pola súa banda, a directora de promoción de Turismo de Galicia, María del Carmen Pita  Urgoiti, sinalou a aposta da Xunta de Galicia polos eventos empresariais e profesionais, como complemento imprescindible á actividade turística máis tradicional, no marco incomparable de Galicia e Santiago de Compostela. Neste sentido, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, Marta Lois González, dixo que as datas deste congreso son moi acertadas “xa que buscamos  desestacionalizar o turismo. Desde o Concello de Santiago ofrecémosvos todo o apoio institucional necesario para o éxito do evento”.


O director xeral da Federación de Áridos, César Luaces Frades expuxo os detalles preliminares do Congreso que reunirá a unhas 700 persoas, a maioría deles, empresarios técnicos desta industria, así como a un destacado cadro de persoal de personalidades das administracións competentes en Minas, Medio Ambiente e Infraestruturas, do mundo académico e de institucións de ámbito nacional e internacional. Neste sentido, como nos catro congresos anteriores, está prevista a participación de representantes empresariais duns 20 países, polo que esta edición terá unha importante repercusión internacional.


As numerosas sesións técnicas e mesas redondas programadas abordarán todos os aspectos estratéxicos da industria, desde as cuestións técnicas, de calidade de produción e de produto, de medio ambiente e, en particular, de biodiversidade, de economía circular, de seguridade e saúde, de imaxe e comunicación, así como de xestión empresarial e económica. Así mesmo, a industria dos áridos busca prepararse para a esperada reactivación económica e converxer,  sosteniblemente, con Europa.


O Congreso conta cunha exposición técnica e comercial moi relevante, onde as empresas fabricantes de equipos, instalacións, así como as provedoras de servizos poderán expoñer as últimas novidades tecnolóxicas e os últimos avances que permitirán progresar ao sector cara á vangarda da industria do século  XXI. Tal e como sucedeu en todas as edicións anteriores, programáronse numerosos actos paralelos, como a reunión dos representantes do sector cos directores xerais de  Minería e de Medio Ambiente que asistan ao Congreso, a Asemblea Xeral da Federación Iberoamericana de Produtores de Áridos, a entrega dos Premios Nacionais de Desenvolvemento Sustentable, visitas técnicas, entre outros.


Para terminar, Jaime Puig i Canal, secretario xeral da Federación de Áridos, abordou os obxectivos principais do Congreso, entre os que destacan, demostrar á sociedade a importancia estratéxica da actividade de produción de áridos, potenciar a sustentabilidade do sector, mostrar os últimos avances e innovacións en torno ao sector e explicar á sociedade á necesidade dos áridos e a importancia de adoptar medidas para garantir o acceso sustentable aos recursos.


www.congresoaridos.com é a páxina web do V Congreso Nacional de Áridos onde, ademais de poder obter a información máis actualizada sobre o evento, é posible formalizar a inscrición  on- line, acreditacións de prensa e acceder á información de última hora.


A industria dos áridos
O sector dos áridos, integrado por unhas 1.000 empresas e preto de 1.500 canteiras ou  graveras, é o principal subministrador de materias primas para a construción de infraestruturas, para a edificación, para a industria e para a protección do medio ambiente, o que lle confire o carácter de industria estratéxica. É a principal industria extractiva do país, por número de empresas, de explotacións, de traballadores e de toneladas fornecidas á sociedade.


Os áridos son areas, gravas e rocas  fragmentadas.


Son a segunda materia prima máis consumida polo home despois da auga e cada español consumiu, en 2017, uns 2.275 quilogramos, é dicir máis de 6 quilogramos diarios.


Os áridos empréganse, nas obras, como formigón preparado ou prefabricados de formigón (o 80% do formigón son áridos), morteiro, aglomerados  asfálticos para a construción de estradas (o 94% dos materiais necesarios para unha estrada son áridos), ferrocarrís ( balasto), portos (dique), etc.


DOSSIER DE PRENSA

A Federación de Áridos – FdA Presenta en Santiago de Compostela o V Congreso Nacional de Áridos

Venres, 26 Xaneiro 2018 13:53

CONVOCATORIA DE ROLDA DE PRENSA
 
O vindeiro mércores 31 de xaneiro, ás 11.00 h., terá lugar a presentación oficial en rolda de prensa – almorzo de traballo do V Congreso Nacional de Áridos, unha iniciativa da Federación de Áridos (FDA) que se celebrará entre os días 24 e 26 de outubro de 2018, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela.
 
No acto está prevista a presenza e participación do presidente do Comité Organizador, da Federación de Áridos – FDA e de  ARIGAL, José Lista Tasende, do director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel BernardoTahoces, da directora de promoción deTurismo de Galicia, María del Carmen Pita Urgoiti, do secretario xeral da FDA, Jaume Puig i Canal e do director xeral da FDA, César Luaces Frades. 

 
CONVOCATORIA DE PRENSA FDA

ALMORZO DE TRABALLO COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PRESENTACIÓN DO V CONGRESO NACIONAL DE ÁRIDOS 2018
“Comprometidos coa Sociedade”
 
DATA: 31 de xaneiro de 2018
 
LUGAR: Parador de Santiago de Compostela (Hostal dos Reis Católicos)

DIRECCIÓN: Praza do Obradoiro, 1, 15704 Santiago de Compostela

HORA: 11.00  h.
 
ENTREGARÁSE DOSSIER DE PRENSA
 
Rógase confirmación de asistencia a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 

Máis información do V Congreso Nacional de Áridos 2018

www.congresoaridos.com

Presentación do Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia

Martes, 12 Decembro 2017 10:00
  • A Asociación Galega de Áridos presentou está mañá a plataforma online “Arigal Virtual 360º” onde se mostra a perfecta convivencia entre o medio e unha actividade extractiva sostible.
  • A ferramenta contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto.


Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017.- A Asociación Galega de Áridos (Arigal) reuniuse esta mañá durante a súa asemblea extraordinaria para renovar a súa xunta directiva e facer balance do sector dos áridos en 2017.

Tras o acto, coa asistencia de máis de 60 persoas: empresarios, técnicos, administración e varios grupos ambientais, presentouse o Catálogo Virtual dos Áridos de Galicia, o “Arigal Virtual 360º”. Esta é unha plataforma online a través da que se pode ver en tempo real o traballo nas canteiras galegas e coñecer, de primeira man e sen filtros, as características técnicas dos áridos galegos.

O obxectivo desta ferramenta virtual, é promover a transparencia total das actividades desenvolvidas nos 72 centros de traballo de Arigal, maioritariamente situados en zonas rurais de toda Galicia. A plataforma concíbese, neste sentido, como unha perfecta simbiose para a convivencia entre o medio e unha actividade extractiva sostible e beneficiosa para o medio ambiente e a biodiversidade. Cabe salientar, que a día de hoxe, máis do 85 % das canteiras de áridos de Galicia, están presentes en “Arigal Virtual 360º”, e agárdase que incremente o número nestes días, trala revisión dos últimos vuelos efectuados.

Arigal Virtual 360º contará cun visor con foto esférica e aérea, vídeo de voo con dron e datos técnicos dos áridos de Galicia en aberto.

Internacionalización

O outro dos obxectivos de esta ferramenta ten un enfoque técnico, posto que permite consultar a tipoloxía e características de tódolos áridos producidos en Galicia, pudiendo filtrar por tipoloxía de material, produto ou ubicación xeográfica, co gallo de que se produzan máis exportacións, coma a  desenvolta por catro empresas galegas, exportando material de escollera, para portos, a Francia, fai uns meses, e con continuidade na actualidade.

Presentación do catálogo virtual dos Áridos de Galicia

Luns, 11 Decembro 2017 11:40

O próximo 12 de decembro de 2017, a Asociación Galega de Áridos ( ARIGAL), presentará o traballo realizado no marco do Convenio subscrito este ano coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, o Catálogo Virtual dos áridos de Galicia.

Será nestá presentación, onde se detallará e presentará aos medio a nova ferramenta elaborada dentro de dous eixos principais,

- Dotar de maior transparencia, se cabe, ao sector, debido a que se implementan imaxes esféricas de alta resolución de preto do 90% das canteiras produtoras de áridos en Galicia,

- Proporcionar un maior coñecemento técnico das calidades e características dos áridos producidos en Galicia.


Aproveitarase o evento para poñer en valor as primeiras accións de internacionalización do sector, que constitúen un feito de alta relevancia na actualidade do sector, tanto autonómico coma europeo.

O acto celebrarase no Hotel Puerta del Camino, en Santiago de Compostela, a partir das 13:00 horas.

Arigal promove a adopción da estratexia NEPSI de loita contra a silicose

Martes, 24 Outubro 2017 19:00

Esta mañá celebrouse na Sala Cinc da Cidade da Cultura unha xornada organizada pola Asociación Galega de Áridos sobre a prevención dos riscos laborais relacionados coa exposición ao pó de sílice cristalina dos traballadores tanto das empresas mineiras como de sectores transformadores como a construción, vidro, cerámica e marmolerías.

Nesta xornada D. César Luaces , presidente do comité de Saúde e Seguridade da Unión Europea de Fabricante de Áridos, explicou as novidades regulamentarias a nivel europeo, entre as que destaca a aprobación que terá lugar mañá no Parlamento Europeo da Directiva pola que se inclúe ao Pó de Sílice Cristalina xenerado no posto de traballo como axente canceríxeno.

A aprobación de esta Directiva, que logo ten que seren trasposta a lexislación española, con leva a necesidade de complementar as medidas preventivas que xa contempla a lexislación vixente en España dende o ano 2012, con novas medidas para limitar todo o tecnicamente posible a exposición dos traballadores ao Pó de Sílice Cristalina.

D. Julio Valle asesor xurídico de ARIGAL, resaltou a necesidade de establecer un procedemento documental explícito que recolla tódalas actuacións da empresa no eido da prevención fronte a exposición ao Pó de Sílice Cristalina Libre.

D. Juan Carlos Pereira de Ibersil, explicou a estratexia europea  NEPSI, firmado por todos los sectores empresariales implicados a nivel europeo e os sindicatos e que contempla una estratexia definida de  avaliación da exposición ao Pó, establecemento de medidas de control e prevención: boas prácticas; formación e información aos traballadores; vixilancia da saúde e información a Comisión Europea.


ARIGAL, que aposta dende hai anos, pola implantación a nivel galego, memso reclamando o apoio da Xunta de Galicia,  presentou a Guía para as empresas titulada “O Pó de Sílice Cristalina”, dirixida a axudar as empresas do seu sector e aos seus traballadores a aplicación efectiva dunha política de prevención avanzada que minimice a exposición ao Pó dos seus traballadores e con elo  os riscos aos que puideran estar expostos.

 

IMAXES DA XORNADA

PRESENTACIÓNS DA XORNADA

Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego

Venres, 20 Outubro 2017 11:38

A Camara Oficial Mineira de Galicia celebra á xornada técnica Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego, que promove conxuntamente co Clúster da Pizarra, o Clúster do Granito e a Asociación Galega de Áridos.

A xornada desenvolverase o vindeiro mércores 25 de outubro, a partir das 10:30 horas, na sede da Confederación de Empresarios de Ourense (Praza das Damas, 1) e nela diversos representantes procedentes do ámbito académico, empresarial e institucional debaterán sobre o futuro do sector mineiro e sobre o impacto que nel terá a Lei de Implantación Empresarial de Galicia.

10:30 Acto de apertura da xornada técnica co director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces.
10:45 Conferencia do catedrático da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, Javier Taboada Castro.
11:15 Mesa redonda na que responsables municipais de tres concellos galegos onde a minería ten unha importante presenza analizarán
a influencia do sector nas súas comarcas.
12:00 Pausa-café
12:30 Conferencia do catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, Luis Míguez Macho.
13:00 Clausura da xornada técnica.

Pregámoslle confirmación no número de teléfono 881 896 542 antes do vindeiro 25 de outubro.

 

O próximo V Congreso Nacional de Áridos vén a Galicia

Mércores, 18 Outubro 2017 10:25

Empeza a conta atrás para o V Congreso Nacional de Áridos que, nesta ocasión, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia de Santiago de Compostela, os días 24, 25 e 26 de outubro de 2018.

Coa celebración da primeira reunión dos comités organizador e científico, o pasado 29 de setembro, cuxa presidencia ostentan, o presidente da FDA, José Lista Tasende, e o director da ETSI de Minas e Enerxía de Madrid, José Luis Parra Alfaro, establecéronse as bases organizativas e de contidos (páxina web, plataforma en liña, etc.) para que todas aquelas persoas que estean interesadas tanto en asistir como en presentar a correspondente comunicación poidan acceder a toda a información.

Como noutras ocasións, no marco do V Congreso, simultaneamente, terá lugar unha exposición comercial aberta a cantas empresas queiran mostrar as súas realizacións, contribuíndo á difusión das súas tecnoloxías e capacidades.
Está prevista unha exposición comercial cuns 45 expositores, ademais dun espazo exterior para a exposición de maquinaria.

Ata a data, xa están reservados 14 casetas, dúas deles con maquinaria no exterior. De entre todas elas destacan varios membros de ARIGAL, como Maxam, e outras que colaboran puntualmente, como Weir, Produtiva e Metso.

Antes de final de 2017, terá lugar a rolda de prensa de presentación do Congreso.

Descarga_Exposición Comercial Congreso Áridos 2018

Novidades do pó de sílice cristalina

Martes, 17 Outubro 2017 10:12

INSCRIPCIÓN

PROGRAMA


10.00 RECEPCIÓN ASISTENTES

10.15 APERTURA DA XORNADA

        Secretaria Xeral de Emprego | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

        Dirección Xeral de Enerxía e Minas | CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

        D. José Lista Tasende | PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN GALEGA DE ÁRIDOS (ARIGAL)

10.30 INICIO DA XORNADA

         TENDENCIAS NORMATIVAS EUROPEAS NO EIDO DA SÍLICE CRISTALINA

           D. César Luaces Frades | Director Xeral de COMINROC e Presidente do Health Safety Comitee da UEPG

         NOVIDADES LEGAIS DO PÓ DE SÍLICE CRISTALINA

            D. Julio César Valle Feijóo | Asexor Xurídico de ARIGAL

         VIXILANCIA DA SAÚDE NA EXPOSICIÓN Á PÓ DE SÍLICE

           D. Alfons Dolcet García | Especialista en Medicina do traballo, IBERSYS

         COLOQUIO

11.45 PAUSA - CAFÉ

12.15 CONTINUACIÓN DA XORNADA

          PRESENTACIÓN DA GUÍA EMPRESARIAL “O PÓ DE SÍLICE CRISTALINA”

            D. Javier González Paz | ESMIN INGENIERIA, S.L.

         “NEPSI”, UNHA FERRAMENTA IMPRESCINDIBLE

            D. Juan Carlos Pereira Fernández |  Xefe do departamento de Seguridade e Saúde de España e Portugal, SIBELCO

         COLOQUIO


13.30 CLAUSURA DA XORNADA


Diptico da Xornada

 

Perspectivas de futuro para o sector mineiro galego

Mércores, 11 Outubro 2017 16:27

Debido ós acontecementos ocorridos no fin de semana a xornada queda aplazada "Sine Die". 

 

 

Obxectivo cero accidentes no sector dos áridos

Luns, 09 Outubro 2017 09:16

-  Arigal, a Asociación Galega de Áridos reuniu ó sector nunha xornada técnica en Santiago de Compostela.

Os diferentes axentes que interveñen en caso de accidente, definiron o marxen de millosa na actuacións.
 

Máis de 70 empresarios, técnicos e personal da adminsitración reunirónse esta mañá no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, na quinta xornada de responsabilidade Empresarial no eido da Seguridade e sáude no sector dos áridos.
Nesta xornada, que vense desenvolvendo de forma anual, con diferentes temáticas sempre relacionadas con responsabilidade empresarial na Seguridade no traballo, nesta occasion , tódolos axentes que interveñen na investigación e tramitación dos accidentes laborais, definiron as milloras que se poden desenvolver, unha ocurrido o accidente.


Deste xeito, nunha primerira mesa de debate, Don Diego López,  director da Camara Oficial Mineira de Galicia expuxo onde fallan as estatísticas mineirase como poderían optimizarse. Asemade, nesta mesa, o personal do ISSGA detallou a súa labor de investigacion dos accidentes, na procura dun accidente tipo.


Xa na segunda mesa, o fiscal de siniestralidade de Galicia, Don Luis Anguita Juega, xunto con membros dos diferentes corpos de seguridade do estado, Policia Nacional e Guardia Civil, desgranaron, en base a súa experiencia, os aspect máis salientables dos protocolos de actuación en caso de accidente laboral, asi coma os aspectos onde debese aumentar o interés, de xeito que, igual que se procura a millora continua nas condicións de traballo dos traballadores, tamén se miniminicen os efectos posteriors o accidente no personal da empresa, tento técnicos, coma administradores.
Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxevtivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizer os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.


Esta xornada, desenvolvida coa axuda da Xunta de Galicia, enmárcase nas continuas accións desenvolvidas por Arigal, posto que a pesares de ter marcado o obxevtivo cero accidentes no sector, tamén son conscientes da necesidade de minimizer os efectos dos accidentes, que se ben téntanse evitar, as veces ocorren.


Dentro das acción do presente exercicio, tamén destaca a celebración a final do mes de outubor doutra xornada técnica relative as novidades do po da silice cristalina, así como a presentación sunha Guía Práctica da Slice ante as inminentes novidades lexislativas que veñen da Comisión Europea.

 

IMAXES DA XORNADA

PRESENTACIÓNS DA XORNADA

SOBRE ARIGAL

A Asociación Galega de Áridos (Arigal) é unha organización empresarial galega integrada por máis de 77 empresas que desevolven a súa actividade nas distintas áreas do sector dos áridos: industria, fabricación, tratamento e distribución. En total, as firmas asociadas operan en 75 centros de actividade e xeran arredor de 3.600 postos de traballo, entre empregos directos e indirectos. No exercicio de 2015 os asociados de Arigal sumaron unha cifra de negocio conxunta de 37,5 millóns de euros.